República Checa - Wikipedia, a enciclopedia libre
A República Checa [1] (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia [2] [3] (en checo: Česko) é un país de centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña.Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád.Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia.